AVISO LEGAL

28 xaneiro 2026

REDES, ADICCIÓNS E OUTROS RISCOS NA ADOLESCENCIA

 




Bo día ,

lembrámosvos que o LUNS, 2 DE FEBREIRO, ÁS 19:00 NO SALÓN DE ACTOS DO IES MIRAFLORES teremos unha charla do PLAN DIRECTOR para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas.

 Será impartida por Fernando JiménezGarda Civil Formador do Plan Director, 1ª Compañía, Comandancia de A Coruña.

14 xaneiro 2026

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS

 



En novembro do pasado ano 2025 aceptamos a subvención concedida polo Concello de Oleiros á nosa Asociación por Resolución 2025006129 de data 20/11/2025 por importe de 1.941,17€.

13 xaneiro 2026

OBRADOIRO LEGO SERIUS PLAY

 Bo día familias!!!

Feliz Ano 2026. Agardamos que puidérades descansar nestas vacacións e que iniciedes o ano con ilusión e tranquilidade.

Rematamos o primeiro trimestre cun obradoiro ben interesante do que vos deixamos entrada.

Foi un obradoiro de desenvolvemento vocacional dirixido ao alumnado de 4ºESO coa metodoloxía LEGO SERIUS PLAY. Da man de Carmen De la Sierra e o seu equipo levaron a cabo un obradoiro práctico centrado na introspección persoal e que motivou ao alumnado a pensar e descubrir cales son as súas capacidades e talentos ocultos.

Pensamos que tivo un aproveitamento moi bo e o alumnado recoñeceu ter o espazo para poder facer aflorar cousas nas que nunca pensara sobre sÍ mesmo. 

A través desta metodoloxía xerouse un espazo de confianza e de comunicación aberta e respetuosa moi interesante.

Deixámosvos algunhas fotografías. Todo o alumnado de 4ºESO repartiuse entre dous días, 17 e 19 de decembro con 3 horas para cada obradoiro. 

Moitas grazas a Carmen e o seu equipo, ao alumnado que tanto desfrutou e ao profesorado e dirección do IES que apoiou o obradoiro e fixo posible o seu desenvolvemento. 
















03 decembro 2025

REMATE DO I OPEN DE XADREZ DO IES MIRAFLORES

 

Esta semana tivemos a final do I Open de Xadrez do IES Miraflores. Os tres gañadores recibiron os seus premios de man do secretario da Anpa Jose e do director do centro Oscar. Parabens aos premiados e moitísimas grazas a todas as persoas participantes. 

Queremos agradecer tamen á nosa profe Karla July a súa implicación para poder levar a cabo esta iniciativa. Deixámosvos algunhas fotos do desenvolvemento do torneo. 












17 novembro 2025

ASEMBLEA ORDINARIA ANPA MIGUEL HERNÁNDEZ

 Lembrade que este xoves 20 de novembro temos Asemblea Ordinaria da Anpa, ás 19.00h en primeira convocatoria e as 19.30h en segunda co seguiinte orde do día:


1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.

2. Estado de contas.

3. Actividades e obradoiros.

4. Subvencións solicitadas.

5. Novas incorporacións á ANPA.

6. Rogos e preguntas.


Moitas grazas de antemán pola vosa asistencia e participación. 

CHARLA PARA FAMILIAS DE TÉCNICAS DE ESTUDO

 

Bo día


A semana pasada tivemos un gran éxito de participación na charla para familias de Belén Pérez Sanmartín falándonos de técnicas de estudo, dende cómo aprender o que teñen diante nun papel ata como organizar o tempo e hábitos saudables que contribúen a un maior rendemento e aproveitamento do tempo.


Moitas grazas a todas as persoas que asistíchedes pola vosa participación!!!

10 novembro 2025

TÉCNICAS DE ESTUDIO- CHARLA PARA FAMILIAS


 





Vémonos hoxe ás 20.00h no Instituto para seguir a charla de Belén Sanmartín do centro Elemental para coñecer as técnicas de estudio que aprenden os/as nosos/as fillos/as e poder axudar, comprender e animar a superar os cursos.