AVISO LEGAL

08 setembro 2025

BENVIDA AO CURSO 2025/2026

 Bo día familias


Dende a Anpa dámosvos a benvida a un novo curso escolar. Agardamos que desfrutedes dos meses que temos por diante e esperamos poder facer cousas interesantes que sexan atractivas e educativas para alumnado e familias. 

Animámosvos a participar con nos e se tedes propostas que facernos e queredes colaborar non dubidedes en facelo. Dende a Anpa organizamos actividades e participamos co Centro en un montón de propostas interesantes. 

Se aínda non sodes familia socia apuntádevos no seguinte enlace.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdTgbHUgdrz1LOpIIF97U-7uuoamsIggdMrG_V_QfTg-meTFQ/viewform

Ademáis aproveitamos para facervos chegar o menú do mes de setembro do servizo de comedor.

Un saúdo e benvidas!!!!







16 xuño 2025

ALTA FAMILIAS SOCIAS PARA O CURSO 2025/2026

 

Estimadas familias,

Anexamos a ligazón ao formulario para facer a alta como socios da ANPA do IES Miraflores para o curso 2025-2026 (lembramos que é necesario facer a alta cada ano, ao non estar domiciliada).


FORMULARIO ALTA SOCIAS


Ao final do formulario solicítase  que se anexe o xustificante de pago (20€/familia, non por estudante), tras facer o ingreso na conta

ES8220800064923040016574

no concepto da transferencia agradecemos que indiquedes os apelidos da familia (dos/as rapaces/as).

Aproveitamos para enviar un breve resumo de tódalas actividades que facemos dende a ANPA, para o que precisamos da vosa colaboración.

Grazas!









03 xuño 2025

CONVOCATORIA PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR 2025/2026

Estimadas familias:

Dende o Concello remítennos a seguinte información para compartir con vos acerca das prestacións de apoio ao comedor escolar para o próximo curso 2025/2026.

Toda a información está recollida na seguinte ligazón:




Neste enlace atoparedes a Ordenanza reguladora así como a solicitude e o Anexo I de autorizacións de todas as persoas da unidade de convivencia. 


O PRAZO para a presentación das solicitudes remata o  LUNS 30 de XUÑO


Estas prestacións son:

  • para persoas empadroadas no Concello de Oleiros
  • para persoas matriculadas en colexios públicos do termo municipal de Oleiros e nos que o comedor escolar estea xestionado pola Anpa.

LEDE con atención todos OS REQUISITOS, ASINADE os CONSENTIMENTOS, TODAS AS PERSOAS  DA UNIDADE DE CONVIVENCIA.



 



19 maio 2025

DOMINGO 25/05/2025. XUNTANZA XXV ANIVERSARIO DO IES MIRAFLORES PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

 






Bo día familias

O IES MIRAFLORES celebra o seu XXV aniversario e, ademáis de todas as xornadas conmemorativas que houbo dende o inicio do curso o día 25 de MAIO teremos o peche da celebración. 

É o propio día do aniversario e estanse preparando actuacións musicais en directo, bochinche, venda de roupa conmemorativa......

Será unha xuntanza aberta a todas as persoas que forman e formaron parte da comunidade educativa dende o seu inicio.

Achegarvos á celebración, agardámosvos!!!





14 maio 2025

XOVES 15 DE MAIO ÁS 22:00. XORNADA DE OBSERVACIÓN DE ESTRELAS

 Bo día

Lembrámosvos esta convocatoria que nos fan dende o Instituto con motivo do 25 aniversario do IES Miraflores. 

Será unha xornada divulgativa de astronomía impartida por Óscar Blanco, astrofotógrafo e director do Centro Astronómico de Trevinca( Ourense). 

As 22 comezará cunha charla no salón de actos do centro para despois, ás 22.30 saír ao exterior e facer unha observación do ceo oleirense.

Animádevos a participar!!!




07 maio 2025

FROITA FRESCA NO RECREO

Bo día

Todos os xoves do mes de maio o alumnado do centro ten á súa disposición no segundo recreo, de balde, un vaso de froita fresca preparada para tomar.

Con esta iniciativa, financiada íntegramente pola ANPA do IES Miraflores, para todo o alumnado do centro continúase co proxecto de fomentar o hábito saudable do consumo de froita de tempada.






CHARLA ACOLLEMENTO FAMILIAR

 

Bo día

Achegamos unha proposta do Concello de Oleiros por ser de interese. 

A charla aberta darase o 8 de maio as 18.30 no Auditorio das Torres de Santa Cruz.

Animádevos a asistir!!!