22 novembro 2024
CHARLA PARA FAMILIAS TÉCNICAS DE ESTUDIO
26 outubro 2024
SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS
Nesta semana vimos de aceptar a subvención que o Concello de Oleiros concedeu á nosa Asociación en data 17/10/2024 mediante Resolución nº 2024005442 para o ano 2024 ao abeiro da "Convocatoria de subvencións a asociación de nais e pais, entidades culturais , veciñais e sociais do Concello de Oleiros para a realización de actividades no ano 2024.
O importe concedido foi de 3.195,67€ e con eles subvencionanse parte das actividades de Técnicas de Estudio, Xadrez, Brasilian Jiu-jitsu e outras que se desenvolverán neste trimestre.
OBRADOIRO TÉCNICAS DE ESTUDIO

*ESTA ACTIVIDADE ESTÁ PARCIALMENTE SUBVENCIONADA POLO CONCELLO DE OLEIROS
Xa comenzaron os obradoiros de técnicas de estudio que imparte a pedagoga Belén Pérez Sanmartín do Centro Eleemental e que organiza a Anpa para o alumnado de 1º e 4º da ESO. Esperamos que os nosos fillos e fillas atópeno útil para mellorar no seu xeito de estudar.
07 outubro 2024
28 setembro 2024
COMEZO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
*ESTAS ACTIVIDADES SON PARCIALMENTE SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO DE OLEIROS
Este ano igual que se fixera o ano pasado e por petición dun número de persoas que fai viable a actividade, vanse poñer en marcha dúas actividades: XADREZ e BJJ.
As actividades desenvolveranse os luns entre as 15.00 e as 16.00.
BJJ será impartida por Francisco Barbera cinturón negro desta disciplina. Comezará o vindeiro 7 de OUTUBRO no ximnasio do instituto.
XADREZ será impartida por Karla July Fernández Rivero, Mestra Internacional de Xadrez. Comezará tamén o 7 de outubro nas mesas do primeiro andar.
Se aínda non vos inscribíchedes e queredes facelo debedes cubrir o formulario correspondente se ainda non o fixechedes:
- Xadrez (20 euros ao mes por mozo/a)
O pago faise directamente aos profesores. As dúas actividades subvenciónanse por parte da ANPA con 10 euros ao mes para as familias socias.
BENVIDAS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2024/2025
Estimadas familias,
Queremos en primeiro lugar dar a benvida ás familias que se incorporan ao centro e desexarvos a todas un bo inicio de curso.
Ademáis aproveitamos a ocasión para informarvos das actividades e iniciativas que se custean desde a ANPA (e das que se beneficiou todo o alumnado, tanto das familias socias como das que non o son):
Froita fresca nos recreos en maio e xuño
Talleres de técnicas de estudo para 1º e 4º de ESO
Bandas e flores na graduación de 2º de Bacharelato
Petisco de graduación para as familias dos/as graduados/as de 2º de Bacharelato
Espectáculo culturais (Ópera Breaks o curso pasado)
Ademais, desde a ANPA organízase o servizo de comedor, as actividades extraescolares de xadrez e brazilian jiu-jitsu, as charlas para familias sobre técnicas de estudo, convivencia e novas tecnoloxías, sufráganse necesidades do centro como a megafonía, organizouse a viaxe de 4º de ESO e colabórase coa Carreira da Luz.
A ANPA tamén solicita e xestiona as subvencións do Concello e da Xunta para ANPAs de centros de ensino público. O pasado curso só un terzo das familias do centro fixéronse socias da ANPA.
É preciso un pequeno esforzo de todas as familias que lles sexa posible para que todas estas actividades póidanse manter para todos e todas e non só para as familias socias. A cota anual é unicamente de 20 euros por familia.
A inscrición realízase a través do formulario:
https://forms.gle/RLqDndZ5yAVjNT9z5 (poderedes atopar a ligazón na web do instituto en nas redes sociais da ANPA). O número de conta é ES8220800064923040016574
A partir deste curso o comedor terá unha cota de matrícula de 25 euros da que estarán exentas as familias socias da ANPA.
Un saúdo
05 agosto 2024
APERTURA DE PRAZO EXTRAORDINARIO PARA A SOLICITUDE DE BECAS COMEDOR DO CONCELLO DE OLEIROS
Bo día
Segundo a comunicación recibida da Concellaría de Servizos Sociais de Oleiros ábrese un prazo extraordinario de solicitude de becas comedor con novos límites de renda para o acceso ás anteditas becas.
As familias solicitantes no período ordinario NON é necesario que a volvan presentar. Dende o Concello farán a revisión automática da súa solicitude dacordo cos novos baremos.
As familias que non tiveran feito solicitude no período ordinario poderán facelo agora entre o día 5 de agosto e ate o martes 13 de agosto. Polo tanto este prazo é SO para as familias que non a tiveran presentado en período ordinario.
Achegámosvos o enlace a web do Concello con toda a información.
Un saúdo e agardamos que esteades tendo un bo verán!!.
05 xullo 2024
CONVOCATORIA AXUDAS COMEDORES ESCOLARES CURSO 24/25
Bo día.
Segundo vos informábamos hai unhas semanas acerca da próxima convocatoria das axudas aos comedores escolares do Concello de Oleiros, onte saiu no BOP a convocatoria destas axudas.
A partir deste curso escolar, as axudas municipais ás familias do Concello de Oleiros para comedores escolares vanse unificar nunha soa convocatoria da que será responsable a concellería de Servizos Sociais e Igualdade.
O obxectivo de sacar esta convocatoria é que ao inicio do curso escolar todas as familias solicitantes poidan coñecer se son ou non beneficiarias das axudas e o importe destas
O prazo é de dez días hábiles para presentar as solicitudes, que se inicia hoxe 5 de xullo e que remata o 18 de xullo (ambos incluídos).
Deixámosvos os enlaces da convocatoria e a publicación do concello para que fagades as solicitudes que teredes que presentar no Concello.
SOLICITUDE PARA PRESENTAR NO CONCELLO
18 xuño 2024
FONDO SOLIDARIO LIBROS 2024/2025
Bo día
Este ano dende a Anpa Miguel Hernández poñemos en funcionamento un fondo solidario de libros para o curso 2024/2025 para as familias socias. Podedes entregar as vosas doazóns o día 20 de xuño en horario de 15.00 a 17.00 no local da Anpa no Instituto.
A través do seguinte formulario podedes indicarnos os libros que doades e posteriormente poñerémonos en contacto con vos para que nos digades qué libros queredes recibir, cando estea resolto o procedemento de fondo de libros da Xunta e o noso centro publique os libros do vindeiro curso. Tede en conta que pode ser que non recibades todos os que queredes pois non sabemos as doazóns que haberá.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeflvkRk4mcwA20OxHzYLcqSFpMLgEbGOggjdGIFyjdqGvMGw/viewform
Grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo.
04 xuño 2024
ALTA FAMILIA SOCIAS DA ANPA PARA O VINDEIRO CURSO 24/25
Estimadas familias,
Anexamos a ligazón ao formulario para facer a alta como socios da ANPA do IES Miraflores para o curso 2024-2025 (lembramos que é necesario facer a alta cada ano, ao non estar domiciliada).
https://forms.gle/RLqDndZ5yAVjNT9z5
Ao final do formulario solicítase que se anexe o xustificante de pago (20€/familia), tras facer o ingreso na conta
ES8220800064923040016574
no concepto da transferencia agradecemos que indiquedes os apelidos da familia (dos/as rapaces/as).
Aproveitamos para enviar un breve resumo de tódalas actividades que facemos dende a ANPA, para o que precisamos da vosa colaboración.
Grazas!
ANPA IES Miraflores
14 maio 2024
XORNADA PORTAS ABERTAS ESCOLA POLITÉCNICA DE ENXEÑARÍA DE FERROL
Bo día
Recibimos a través do correo electrónico da Anpa esta información que pode ser do voso interese se estades en bacharelato pensando onde ides continuar os vosos estudos.
A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol abre as súas protas para dar a coñecer as titulacións e grao que se imparten no Centro así como os seus principais laboratorios.
É necesaria a inscrición segundo se indica no cartaz que se achega.
Un saúdo
07 marzo 2024
PLAN DIRECTOR PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA E SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS
Bo día,
Dentro das accións formativas e didácticas que leva a cabo esta ANPA, o próximo martes 12 de marzo, as 18:30 horas terá lugar unha intervención da Garda Civil, dentro do marco do Plan Director que o antedito corpo leva a cabo na formación para pais/nais nos centros escolares.
As charlas formativas centraránse na problemática das novas tecnoloxías e o alumnado adolescente (riscos, ciberacoso, estafas, videoxogos, …).
Animámosvos a asistir!!!!
06 marzo 2024
29 febreiro 2024
CHARLA-OBRADOIRO TECNOLOXÍA E ADOLESCENCIA
Bo día
Compartimos esta interesante proposta sobre tecnoloxía e adolescencia que terá lugar o día 21 de marzo ás 18.00 no Auditorio das Torres de Santa Cruz da man do profesor da USC Antonio Rial Boubela, organizado por un grupo de Anpas de centros de ensino en colaboración co Concello de Oleiros.
Para asistir agradécese cumplimentar o seguinte formulario e así ter unha estimación de aforo. https://forms.gle/ZuWRzBhhTcMueQU18.
Tedes toda a información completa na seguinte web: https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/
27 febreiro 2024
VIAXE A MADRID 4ºDA ESO- PARTE 2
26 febreiro 2024
VIAXE A MADRID 4º ESO
Bo día!!
Hoxe luns 26 de febreiro ás 19.00 da tarde haberá unha xuntanza informativa da viaxe a Madrid programada para o alumnado de 4ºda ESO entre os días 4 e 7 de abril de 2024.
Asistirá unha persoa da axencia organizadora da viaxe para resolver todas as dúbidas .
19 febreiro 2024
CONCESIÓN AXUDAS ÁS ANPAS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS
- Opera Breaks , espectáculo a cargo da compañía A Vella Escola onde se mistura danzas urbanas co canto lírico da man da soprano galega Esperanza Mara.
- Técnicas de Estudo. A psicopedagoga Belen P. Sanmartín volve ao noso centro para presentar ao alumnado técnicas eficaces de estudo así como apoio ás familias para poder intervir no acompañamento escolar dos nosos fillos e fillas.
En decembro do ano 2023 recibimos resolución favorable a esta concesión por importe de 3.337€. Polo que unha parte destas execucións foron financiadas polo concello de Oleiros.
16 xaneiro 2024
TÉCNICAS DE ESTUDO: CHARLA PARA FAMILIAS
O vindeiro luns 22 de xaneiro ás 20.00h a pedagoga Belén Pérez Sanmartín no salón de actos do Instituto impartirá unha charla sobre técnicas de estudo.
Non deixedes de asistir pois será unha xornada complementaria de todo o traballado neste tema nas aulas polo alumnado. Deste xeito poderemos prestar apoio e acompañamento máis eficaz ao estudo dos nosos fillos e fillas.